xoves, 7 de marzo de 2024

Encontro inter xeracional

Abrir a biblioteca escolar a toda a comunidade educativa e a todo o seu entorno é un dos obxectivos marcados durante estes últimos anos. Neste caso fixemos unha actividade en conxunto coa residencia de anciáns. Onde os maiores nos trasladaron a outras épocas contándonos como se celebraba de aquelas determinadas festividades como o nadal ou o entroido. Un gran momento cheo de emocións por todos os asistentes. 

 




Ningún comentario:

Publicar un comentario