Así festexamos as Letras Galegas no centro, entre libros, exposicións, teatro, música e baile.
Agradecemos especialmente a Airiños do Neira a súa colaboración
Blog da biblioteca do CPI Luís Díaz Moreno de Baralla
Así festexamos as Letras Galegas no centro, entre libros, exposicións, teatro, música e baile.
Agradecemos especialmente a Airiños do Neira a súa colaboración
O pasado 23 de abril celebramos o Día do Libro por todo o alto, lembrando a Cervantes, Shakespeare e os personaxes máis emblemáticos das súas obras.
Hoxe Xavi Lozano ensinounos que calquera obxecto pode converterse nun instrumento musical, e que calquera tubo pode transformarse nun instrumento de vento.
Ademais, o alumnado de 3º e 4º de primaria participou nun obradoiro de elaboración de instrumentos musicais con material de refugallo.
O pasado 3 de marzo reflexionamos sobre a igualdade nunha actividade moi especial grazas a Manuela Contacontos.
Ademais, o alumnado elaborou biografías de mulleres relevantes en diversos ámbitos sociais e culturais, unha actividade orientada a visibilizar e poñer en valor o papel da muller ao longo da historia da humanidade.
Pola súa banda, a zona LERFLIX estivo dedicada durante todo o mes de marzo á promoción da igualdade e do feminismo.
O 23 de febreiro, Día de Rosalía, lembramos á poeta con fermosos caligramas feitos polo alumnado do centro.
O 30 de xaneiro, como cada ano, celebramos este día con poemas e música
Ademais de exposicións no corredor principal