xoves, 20 de abril de 2023

ROTEIRO LITERARIO EN CELANOVA

 

O xoves 20 de abril o alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO fomos de excursión a Celanova, a onde acudimos acompañados polas profesoras Carmen Prendes, de Música, e Mercedes Fernández, de Lingua Galega.

O primeiro que fixemos ao chegar foi visitar o que agora é unha casa museo, pero antigamente foi a casa do escritor galego Curros Enríquez, da que acabou fuxindo polos matratos que sufria por parte do pai. Viviu en Madrid e emigrou a Cuba, onde faleceu. Nas súas obras salienta a temática cívica ou social e foi o único poeta galego que se fixo famoso en vida, en parte polo seu anticlericalismo e polo escándalo que supuxeron na súa época algúns dos seus poemas. Na Casa Museo puidemos ver moitos documentos, xa que non hai apenas obxectos persoais do autor, agás algún, coma unhas lentes que nos ensinaron. No patio da casa unha alumna de 2º (Gabriela) leu o poema “Cántiga” do escritor.

A continuación fomos ao mosteiro, no que chama a atención o seu espléndido retablo barroco, así como o coro. No mesmo edificio atópase o instituto, que ten unha biblioteca moi grande e bonita. Este lugar serviu como cárcere na ditadura franquista e nel estivo preso o escritor galego Celso Emilio Ferreiro. Del lemos un poema de Longa noite de pedra (Tatiana), dous de O soño sulagado (Ethan, Lucía) e un fragmento de A taberna do galo (Héctor), todos eles na biblioteca, mentres que Fran, de 3ª, leu un fragmento de “A igrexa fría”, de Curros, no claustro.

Despois de comer volvemos ao mosteiro onde escoitamos un concerto de órgano e onde unhas alumnas/os de 4º e de 2º- Lucía, Alba, Verónica, Marta, Gabriela, Héctor e Nacho- interpretaron unha cantiga de Santa María.

Máis tarde fomos a Vilanova dos Infantes, onde subimos á Torre da Homenaxe e visitamos a Coba de San Vivián.

Por último fomos ver o castro de Castromao e ás 19:00 horas collemos o autobús de volta á casa.

Alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO

 

 





Ningún comentario:

Publicar un comentario