xoves, 10 de decembro de 2020

POSTAIS DE NADAL

 

Este ano, no Cpi Luis Díaz Moreno,  imos celebrar un Nadal moi diferente dos anteriores, non haberá o tradicional Festival de Nadal, nin concurso de postais ... pero o espírito navideño segue con nós!!!

Por iso vos animamos a realizar a seguinte actividade, trátase de facer na casa unha postal de Nadal (deixando voar a vosa imaxinación), cada neno/a fará unha foto coa  súa postal e faránola chegar á seguinte dirección de correo:  orecunchodecamaleo@gmail.com

  • Data límite de entrega 15 de decembro.

Con todas as fotografías que nos enviedes,  realizaremos unha montaxe que se subirá á páxina web do centro e ao blogue da Biblio para felicitar o Nadal a todas as familias.

Anímadevos a facelo!!! Camaleo espera as vosas fotos!!!!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario